A destilería Torreiro, fundada por D. Gervasio Botana nos anos 50, atópase situada na comarca de As Mariñas, zona occidental de Galicia (Betanzos). É aquí, en 1923, onde nace D. Gervasio e desenrola a súa labor de poteiro artesanal por toda a bisbarra de Betanzos.

Os sistemas e técnicas empregados na elaboración e o control dos procesos de producción están baseados nas prácticas tradicionais de destilación, mediante alquitara, alambique ou arrastre de vapor, sistema que utiliza a nosa destilería, e que permiten obter productos de máxima calidade, conservando as características específicas da augardente de oruxo.

A esmerada elaboración de licores de herbas, café, tostado, crema e mel, seguen o mesmo proceso que a augardente de oruxo e paralelamente complétase cun proceso de maceración, en depósitos de aceiro inoxidable, con productos exquisitamente seleccionados.

Os Cruceiros Bonitos” é o resultado do traballo do día a día, cun único aliciente: mellorar e innovar, para conseguir que os nosos productos cheguen ó mercado en óptimas condicións de consumo e presentación.